Sunday 05 de May de 2024

A Xunta participa en Istambul no I Cumio Mundial Humanitario que ten coma obxectivo estreitar lazos de cooperación internacional


O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo forma parte da delegación española que participa no Cumio, encabezada polo Ministro de Exteriores

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo forma parte da delegación española, encabezada polo Ministro de Relacións Exteriores e Cooperación en funcións, José Manuel García-Margallo, que participa no I Cumio Mundial Humanitario, que ten lugar durante estes días na cidade turca de Istambul.

Jesús Gamallo participa na iniciativa promovida polo Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, e que ten como finalidade estreitar os lazos de cooperación internacional e construír mellores formas de atender as necesidades humanitarias, a través do establecemento dunha “Axenda para a Humanidade” mediante un proceso de consultas exhaustivas para recoller as perspectivas, prioridades e recomendacións de todas as partes interesadas sobre como adaptar a acción humanitaria a un mundo en constante cambio.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo representa ás 17 Comunidades Autónomas na delegación española que participa neste primeiro Cumio Humanitario Mundial, xa que a nosa comunidade actualmente ostenta a presidencia da Comisión de Coordinación do Convenio de colaboración en materia de Acción Humanitaria. Este Convenio foi suscrito entre a AECID e as comunidades autónomas de Galicia, A Rioxa, Baleares, Madrid, Estremadura e Valencia.

Neste I Cumio Mundial Humanitario, participan 5.000 persoas, entre xefes de estado e de goberno, líderes políticos,empresas, as ONGD, a sociedade civil, as comunidades afectadas e a mocidade, entre outros.